lunes, 12 de octubre de 2026

Un aula, mil maneras de aprender


Benvidos e benvidas ao noso pequeno recuncho! 💛

 Hoxe abrimos unha fiestra á nosa aula, un espazo onde cada día descubrimos, experimentamos, xogamos, compartimos e, sobre todo, aprendemos. Na nosa clase sabemos que non existe un único xeito de aprender, nin un único ritmo, nin un só camiño para chegar a unha meta.

 ✨ Cada pequeno paso conta. E moito. Durante estas primeiras semanas vivimos unha chea de experiencias.

💧 EXPLORAMOS E DESCUBRIMOS

Xogamos con auga, area e diferentes materiais, descubrindo novas sensacións e aprendendo a través das nosas propias mans.

 


 

 


 


🧩 APRENDEMOS FACENDO

Clasificamos, construímos, contamos, buscamos letras e números e desenvolvemos as nosas habilidades manipulativas.

 

 

🎨 CREAMOS XUNTOS

 

Pintamos, experimentamos coas cores e compartimos momentos de creación cos nosos compañeiros e compañeiras.

 

 

 

 

 🏡 UN LUGAR PARA ESTAR BEN

Tamén atopamos tempo para xogar, elixir e desfrutar. Porque sentirnos seguros, atopar o noso lugar e desfrutar do que facemos tamén forma parte da aprendizaxe.

 


  

 

 

 

🎙️ DESCUBRIMOS OUTROS ESPAZOS DO COLE

A biblioteca e a radio brindáronnos unha oportunidade para participar e vivir novas experiencias.





 

Os nosos PEQUENOS GRANDES LOGROS

Pero o máis importante destas semanas non está soamente no que facemos, senón en todo o que imos conseguindo mentres o facemos. Unha nova iniciativa, unha tarefa que empezamos a realizar con menos axuda, unha experiencia que nos atrevemos a probar, un momento compartido... Son eses pequenos grandes logros os que queremos celebrar. 


❤️ Este blog nace para compartir o noso día a día, mostrar as nosas aprendizaxes e lembrar que cada persoa ten o seu propio ritmo e que todos os avances merecen ser recoñecidos. Porque na nosa aula non todos facemos o mesmo, nin o facemos do mesmo xeito. Pero todos temos algo que achegar, algo que descubrir e moitísimo que aprender.

 

🌱 E isto non fixo máis que empezar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario