viernes, 27 de noviembre de 2026

O club da amizade segue medrando!

 O noso Club da Amizade continúa recibindo visitas!


Nesta ocasión, tivemos a sorte de compartir dous novos encontros na nosa aula. Primeiro veu Olalla e, máis tarde, recibimos a visita de Hugo.


Pouco a pouco, seguimos abrindo as portas da nosa aula para compartir momentos e crear novas amizades.


Grazas por vir! Agardámosvos de novo!


E isto continúa... 💛





As matemáticas están en todas partes





 As matemáticas comezan moito antes de aprender a sumar ou de recoñecer os números.


Están nas pezas que agrupamos por cores, nos obxectos que ordenamos, nas formas que descubrimos e nas pequenas relacións que establecemos mentres exploramos o que nos rodea.


Clasificar, comparar, construír, buscar semellanzas, descubrir patróns ou resolver pequenos retos son tamén maneiras de desenvolver o pensamento matemático.


E é que aprender matemáticas non consiste só en atopar a resposta correcta, senón tamén en observar, experimentar, probar diferentes posibilidades e descubrir relacións.


Cando as matemáticas se poden tocar, mover e experimentar, deixan de ser algo abstracto para converterse nunha experiencia próxima e significativa.


Porque antes de contar o mundo, necesitamos ter oportunidades para descubrilo.












miércoles, 4 de noviembre de 2026

O Club da Amizade xa está en marcha!

 


Esta semana recibimos na nosa aula as nosas primeiras convidadas: Fabiola e Ainara.





Compartimos unha xornada de xogos de mesa, pintura con pinceis e bos momentos xuntas.


Como recordo da súa visita, levaron unha chapa do noso Club da Amizade.


Grazas por acompañarnos nesta primeira experiencia!


En breve, máis visitas!