As matemáticas comezan moito antes de aprender a sumar ou de recoñecer os números.
Están nas pezas que agrupamos por cores, nos obxectos que ordenamos, nas formas que descubrimos e nas pequenas relacións que establecemos mentres exploramos o que nos rodea.
Clasificar, comparar, construír, buscar semellanzas, descubrir patróns ou resolver pequenos retos son tamén maneiras de desenvolver o pensamento matemático.
E é que aprender matemáticas non consiste só en atopar a resposta correcta, senón tamén en observar, experimentar, probar diferentes posibilidades e descubrir relacións.
Cando as matemáticas se poden tocar, mover e experimentar, deixan de ser algo abstracto para converterse nunha experiencia próxima e significativa.
Porque antes de contar o mundo, necesitamos ter oportunidades para descubrilo.



.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario